A relación entre a literatura e a música unha das máis antigas e fructíferas colaboracións que se producen entre distintas manifestacións artísticas.
Dende este blog, pretendemos dar a coñecer á comunidade educativa do CEIP San Xoán de Becerreá, este enriquecedor espazo artístico.
Igualmente, pretende imbuir no noso sentir á proximidade doutras culturas, o recpecto polas diferenzas, e abrir a nosa capacidade de escoita e visión a situacións novas, espertando a curiosidade por coñecer outras realidades visuais, sonoras e gustativas; implicando, ademáis do profesorado do centro ao servizo de comedor escolar.

PáXinas

martes, 3 de marzo de 2015

Marzo... máis amor.

Principiando o mes de marzo, seguimos traballando no Entreletras "Love is in the air".


Temos una pequena exposición de libros de amor á entrada da escola, (aínda que quedan algúns nos andeis da biblioteca), xusto ao lado da caixa de correos na que estades a recomendarnos as vosas cancións de amor preferidas.

Aquí podedes ver libros tan fermosos como:



Podes escoitar a historia narrada polo autor, José Campanari, aquí.

Outros libros marabillosos que temos na exposición son:






El aprendizaje amoroso






Y varias adaptaciones de Romeo y Julieta




Seguimos tamén recibindo suxestións musicais na nosa caixa de correo, Ata o de agora, a máis pedida é "Blanco y Negro" de Malú. Nos vindeiros días colgaremos o listado completo das nosas cancións de amor preferidas






E continuamos recibindo cartas para o I Concurso de cartas de amor. Próximamente daremos a coñecer o gañador/gañadora, que secibirá un fantástico agasallo...








Tamén participamos no DÍA DE ROSALÍA co traballo "Eu son Rosalía, porque Rosalía é amor"O vídeo elaborado polo alumnado de infantil e primaria, é a nosa achega á obra literaria da nosa poetisa no seu día, o 23 de febreiro.