A relación entre a literatura e a música unha das máis antigas e fructíferas colaboracións que se producen entre distintas manifestacións artísticas.
Dende este blog, pretendemos dar a coñecer á comunidade educativa do CEIP San Xoán de Becerreá, este enriquecedor espazo artístico.
Igualmente, pretende imbuir no noso sentir á proximidade doutras culturas, o recpecto polas diferenzas, e abrir a nosa capacidade de escoita e visión a situacións novas, espertando a curiosidade por coñecer outras realidades visuais, sonoras e gustativas; implicando, ademáis do profesorado do centro ao servizo de comedor escolar.

PáXinas

domingo, 24 de abril de 2016

San Xurxo. Libros e rosas

O Día do Libro celébrase o 23 de abril. Está relacionado co día de San Xurxo, aínda que nada que ver co Santo. En realidade a celebración coincide con efemérides do mundo literario, en concreto con Cervantes e Shakespeare, como ben explican os nosos alumnos no vídeo que narra a historia de San Xurxo e o Dragón.

O noso cole non podía deixar de festexar tan importante data, por iso, os nenos de sexto anunciaron a sorpresa que se cocía para ese día.

Durante a mañá do día 22, todos os cursos puideron coñecer a historia de San Xurxo, que neste vídeo compartimos, tamén convosco.




Ao final das representacións, os actores regalaban marcapáxinas conmemorativos para todos os asistentes.

Outra das iniciativas do Día do Libro partíu da clase de cuarto, que, a partir dun mural, solicitou a colaboración de todos os compañeiros do centro, expresando, nel o que significa un libro ou deixando unha reseña do seu libro favorito. O mural colaborativo permanecerá á entrada da biblioteca ata pasados uns días, no que se colocará no seu interior, para disfrute de todos. Este é o vídeo que recolle esta fantástica idea. 











Desde a biblioteca, contribuíuse a esta celebración cunha exposición temática sobre dragones.
Todo o cole está encherse de flores en preparación para un maio de cores e flores.... Serán as de San Xurxo? 
EntreLetras MaioLongo

viernes, 1 de abril de 2016

Roteiro por Guitiriz: Fábrica de Poetas.

O pasado día 30 os alumnos de quinto e sexto fixeron un magnífico roteiro pola vila de Guitiriz, un dos dous roteiros que o IES Poeta Díaz Castro, desa vila, realizan para o coñecemento e difusión do poeta do que toman o nome e que foi homenaxeado no Día das Letras Galegas durante o pasado 2014.


O roteiro Fábrica de Poetas fai un percorrido pola vila, naqueles espazos que son importantes na vida do escritor:


A saída é desde o Instituto, logo de facer un xogo de pistas que deriva nun agrupamento do alumnado convidado. 






Despois, en grupos, os nenos coñecen a vila, facendo paradas en:

A Casa Habaneira, na que a Fábrica de Poetas convida a unha poxa para a lectura (no menor tempo posible) de poemas.


O Curro Vello, no que o xogo leva ao coñecemento de autores dun único libro.






A Viaxe do Heroe lévase a cabo na Estación do tren da vila. Penélope e Ulises forman, xa, parte do coñecemento dos nosos nenos, cunha representación da súa historia. Descubrimos Penélope,un dos poemas máis fermosos de Díaz Castro. Como imos motivados para a lectura, desde a Estación do Tren, marchamos pola vila coas consignas de "Máis Lectura e Menos Televisión", entre outras... Unha manifestación pola cultura!


                                       




O achegamento ao léxico tivo lugar na Casa das Palabras, de Guitiriz. Unha homenaxe a escritores da Terra Cha, onde Alfonso Blanco falou aos nenos de literatura e explicou a razón de ser da Casa das Palabras. Tamén alí puidemos ver obxectos persoais de autores como Díaz Castro e Manuel María. A sorpresa chegou cando descubrimos dúas pezas artísticas elaboradas polo Pai de Aarón, de sexto, que nos encheron de orgullo.







A Apócema Poética foi o momento de creación literaria e xogo máis intensos para o noso alumnado. Un pracer que serviu, tamén, para iniciar a volta a casa.




Nesa volta, os comentarios foron mostra do ben que o alumnado o pasara acompañando aos guías (tamén alumnos) pola súa proposta literaria.

Hoxe, xa máis pousados, fixemos a avaliación do día, mediante unha DIANA DE VALORACIÓN. Os nenos fixeron reflexión sobre catro aspectos concretos do acontecido: as aprendizaxes, o goce, os descubrimentos e o desexo de voltar. Con posterioridade, colocaron un gomet na diana, dando maior puntuación no círculo central, como no caso do xogo de dardos.

Tamén encontraron unha palabra para resumir a sensación do día, que tamén incluíron.

Para finalizar, enganchando co noso traballo cos emoticóns do Happyness Day, escolleron un     ( entre dez), que reflectise a emoción coa que chegaron de volta a Becerreá.

Este é o resultado. E, polo magnífico que é, só podemos AGRADECER AOS ORGANIZADORES TERNOS CONVIDADO. MILLÓNS DE GRAZAS, AMIGOS! ENCANTADOS DE TERVOS COÑECIDO, QUEREMOS, AGORA, CONFIRMARVOS QUE DESEXAMOS VOLTAR A VERVOS E COÑECERVOS MELLOR!



Este é o vídeo que resume o día.