O 30 de maio, Bret Fernández, antigo alumno do Colexio e membro da nosa comunidade por ser fillo de Javier, un dos máis queridos integrantes dela, pasou a mañá a deleitarnos co seu quefacer na cociña.
Bret é o cociñeiro estrela nacido en Becerreá. O seu interese pola cociña vén de neno e dirixiu a súa formación en Hostelería. Logo, Bret, aproveitou cada ocasión que a vida lle deu para seguir formándose nesta cociña que ten máis de maxia e química que de sólo-cociña. Na súa carreira están restaurantes de Lugo, como A nosa terra, onde foi xefe de cociña, A Fervenza, o seu primeiro traballo serio no sector... pero destaca, con moito, a súa estadía no Celler de Can Roca, o mellor restaurante do mundo, varios anos consecutivos, segundo as revistas especializadas e portador de varias Estrelas Michelín.
Era cedo, a primeira hora, cando Bret, co seu primeiro axudante, Luis, e o seu proveedor de peixe, entraban no cole. Facíano pola cociña, o terreo que mellor coñecen, e alí deixaban caixas con todos os aperos que precisarían e todas as incribles materias primas que usarían na súa sesión de cociña... maxia?
Logo, recibiunos. Alí, na cociña, coas súas mellores galas e os seus mellores axudantes. Durante case dúas horas preparounos
- Un aperitivo a base de olivas
- Navallas con xelatina de vermut
- Ameixas con salsa de algas
- Xarda con brotes tenros
- Ovos fritidos con patacas e chourizo, a súa tapa estrela no Abastos 2.0
- Sorbete sólido de mazá.
Os nenos puideron formar parte do equipo de cociña, colaborando no empratado ou nalgunha fase da preparación dos pratos, pero o maior protagonismo tivérono na degustación daqueles preparados nunca probados antes. Unha delicia no CEIP San Xoán.
Antes de explicar a realización de cada prato e os ingredientes que levaban, puidemos ter tempo para escoitar ao amigo e proveedor de Bret, que nos deleitou cun agasallo feito pola súa nai. As sorpresas gastronómicas non paraban... E comimos Empanada de Ovas de Polvo.
Logo o ambiente mudou, e puidemos escoitar a historia de Bret. Foi no salón de actos. Alí, contounos non só o que fai, senón como foi que chegou ata onde hoxe está. Unha vida chea de emocións que non dubidou en compartir connosco: o papel da familia, o apoio dos amigos, o esforzo da formación... para chegar a vivir como quere e do que desexa.
Bret, foi un pracer contar contigo!
Este é o vídeo do día: