Vin tremer a Amor-meniño:era sobr’ a frol d’ o liñoUnha bágua d’ a Rosada,Coma un amante a unha amada,Amor etérmo -¡quimeira!-Xurou â frol d’ a liñeiraA lágrima d’ a orvallada.Mais… d’ a Aurora ô crarexar,Eis qu’ o Fado separarQuixo o que Diós axuntara:A frol d’ o liño esfollouse…E a lagrimiña tornouseAos ceios, donde morara…Iglesia Alvariño, Aquilino (1986), Señardá en Poesía Galega Completa (Vigo: Edicións Xerais de Galicia)
Batital é un grupo amateur nacido en Lugo no ano 2007. Se cadra, as verbas que mellor definen o traballo de Batital son "Sons do Mundo", xa que compoñen e versionan cancións de diferentes estilos musicais como a samba, o swing, a bossa-nova, o blues, a muiñeira, a zamba, o tango, a rumba... e tantos outros, sempre co nexo de galeguidade a través das letras dos temas.
Batital conta cunha ampla experiencia, como podedes ver se consultades o seu blog.
Presentou o tema "Ven a mi" para o Festival de Eurovisión en 2009, situándose entre os primeiros 50 clasificados. Este mesmo ano, grava o seu primeiro disco: "Descubrindo", un CD con 8 temas, seis de composición propia entre os que está o "Amor Meniño", protagonista deste Entre Letras do mes de febreiro:
Os membros de Batital seguen recabando premios polo seu traballo, e traballando a prol da promoción da cultura galega e luguesa, destacando a gravación dun videoclip promocional da cidade de Lugo: I'm from Lugo ( e que xa nos prestaron para outro proxecto do noso colexio)
E nós, estando a traballar o amor...
... fixémoslles unhas preguntas aos membros do grupo, para entender un pouco mellor o traballo que supón escoller un poema, ponerlle música...
Queres saber o que nos contaron?

Queres saber o que nos contaron?
1. Por qué escollestes o poema Amor Meniño?
2. Qué transmite este poema para vós?
3. É moi complicado musicar un poema?
4. Cómo foi o proceso de composición?
5. Tedes musicado algún outro poema doutros autores, galegos ou non?
Moitas grazas, Batital! Xa sabedes que nos encantan as vosas músicas. Ata sempre!