A primeira obra coa que imos trabalhar neste novo recuncho da nosa escola é un poema de Manuel Curros Enríquez, musicado por Xosé Castro González, "Chané", cando os dous coincidiron na emigración en La Habana, nos anos noventa so século XIX.
![]() |
Manuel Curros Enríquez |
Ten a serea un canto
Y-a serpe o alento;
O lago ten á onda,
Dios ten o inferno.
Ti tés d’abondo
C’o que tés escondido
N’eses teus ollos.
O trono d’os monarcas,
D’o sabio os trunfos,
A groria d’o poeta,
O ouro d’o mundo:
Dera eso todo,
Por sólo unha mirada
D’eses teus ollos,
Buscan os pitorreises
Para faguer niño,
A herba santa que nace
Veira d’os rios.
Eu busco sólo
Unha mirada meiga
D’eses teus ollos.
Cando se pon a lúa
Tras d’os penedos
Choran as estreliñas
Todas d’o ceo.
Tamen eu choro
Cando non m’alumean
Eses teus ollos.
Manuel Curros Enríquez
No hay comentarios:
Publicar un comentario