 |
CARLOS COIRA, padriño da biblioLÍO, tróuxonos máximamente libros de indios!!
|
Seguimos a empaparnos da cultura dos nativos americanos. É incrible a idea preconcbida que tiñamos deles grazas ás pelis de vaqueiros... bastante afastadas da historia real deste pobo.
Xa comezamos a gravación do stopmotion "O Corvo e a Luz" (baseado nunha lenda dos indios Haida). Temos a inmensa sorte de contar coa axuda de Bruno Pena Calvo, especialista en Comunicación Audiovisual e produtor de programas na TVG.
Temos instalada a carón do Tipi da entrada do colexio unha pequeña exposición de libros sobre os indios americanos. Chegaron onte, coincidido coa Re-inauguración da biblioteca escolar: biblioLÍO co apadriñamento de Carlos Coira.
No hay comentarios:
Publicar un comentario