Porque deseñar é un arte e un xeito de expresar. Esta vez convertémosvos en deseñadores.
Estas son as bases do concurso. Podes entregar o teu bosquexo antes do día 29, día da actuación de MateMaxia. A partir do día 29, procederemos a votar para coñecer o traxe bañador.
Estes son os resultados do concurso, preto de 40 deseños de alumnos de todos os niveis:
Co modelo gañador, Inés Regueiro, modista e profesora de Corte e Confección da vila, explicará como se pasa dun deseño a un vestido mediante a creación dun patrón. A sesión, o día 5 de maio, deixou estas imaxes do proceso:
O vestido resultante será presentado no día 11 de maio, na celebración do Concerto e Exposición Tecendo Emocións, por Fátima Zahra, alumna de 5º de primaria.


Foi capaz de adiviñar números, resultados de sumas e ata a posición dun número nunha táboa... Un auténtico mago!!! Un mago que actuou en dúas sesións, unha para os nenos de 1º e 2º e outra para os nenos de 3º a 6º de primaria.
No hay comentarios:
Publicar un comentario