Traballamos o texto: Comezan os obradoiros de cociña. Despois de descubrir o que é unha cidra, comezamos co laborioso arte de cociñala e convertela nun saboroso doce. Toñi ensina como fazer "Cabelo de Anxo" que despois utilizará como ingrediente perfecto para unha torta que comeremos no día do Menú Especial de Samaín.
Accede aquí a todas as imaxes do obradoiro.
E desde esta ligazón podes acceder ao vídeo cos mellores momentos.
E desde esta ligazón podes acceder ao vídeo cos mellores momentos.

Unha exposición de Cabazas: Como xa é tradicional, o alumnado participa nun Concurso de Decoración de Cabazas. A novidade deste ano é que as cabazas serán decoradas no seu exterior.

Xoves 29 de outubro:
Traballamos o texto: Instrucións para obradoiros artísticos. Un momento magnífico para que a nosa imaxinación se convirta en algo bonito e decorativo. Hoxe faremos porta candeas con forma de momia... Atréveste? Os videotitoriais elaborados polo alumnado de 6º están publicados nesta ligazón. Será unha interesante sesión de formación entre iguais.
Celebraremos o Menú do Samaín. Incluirá a sobremesa realizada nos obradoiros de cociña desta semana.
Tarde de cine de medo: Os nenos de primaria disfrutarán da película "Hotel Transilvania" no salón de actos, mentres que os nenos de Infantil disfrutarán dun contacontos a cargo dunha das profesoras da etapa.
Semana 2-6 de Novembro:
Traballamos o texto: Seguimos cos obradoiros de cociña. Serán días de exaltar un produto típico da zona, a castaña. Toñi ensina aos alumnos de 3º e 4º como fazer "Marrón Glacé". O resultado será envasado e repartido entre todos os alumnos, para que o leven a casa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario