Xa estamos a traballar intensamente na celebración do Samaín. A vindeira semana estará plagada de actividades relacionadas con estas datas, e das que vos adiantamos parte do calendario:
O luns 26 de outubro, e o martes 27 o alumnado de quinto e sexto, realizarán na cociña, coa colaboración de Toñi, un taller no que aprenderán cómo se fai o cabelo de anxo, o tipo de cabaza que necesitamos para a súa elaboración, e, quizáis, elaborarán un doce con este produto.
Pola tarde, celebraremos o magosto, con xogos e maquillaxe para quen o desexe.

Ao rematar os talleres, publicaremos aquí as receitas.
Para os compañeiros de primeiro e segundo de primeira, temos unha pequena sorpresa: un taller de maualidades que impartirá o alumnado de sexto curso e no que aprenderán a facer un portavelas em forma de momia.
Nos seguintes enlaces, poderes ver os videotitoriais que están a realizar con esta temática:
No hay comentarios:
Publicar un comentario