O 25 de novembro celébrase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. O noso cole sabe da importancia da coeducación e da nosa responsabilidade nas bases que conforman os comportamentos de respecto entre homes e mulleres e que forman parte da educación integral do noso alumnado.
Sabendo que isto non é algo que se cubra nun día, sempre aproveitamos, no ENDL, as efemérides para iniciar liñas de traballo que sexan permanentes e transversais. Por iso, a partir de hoxe comezamos traballos específicos para reflectir e concienciar. Algúns exemplos son:
CinemaEnCurso: Con este proxecto estamos aprendendo a analizar filmacións, para aprender a crealas, mellorando a nosa narración e expresión emocional. Nesta ocasión aproveitamos a traballar o seguinte vídeo, que compartimos con todos os alumnos de primaria na entrada do colexio. O publicitario chámase "Dalle unha bofetada", e foi rodado con nenos italianos contra a violencia de xénero.
Biblioteca Escolar: Como é habitual, organizamos unha exposición temática de libros para coñecer as semellanzas e difencias entre homes e mulleres sobre as que se sustenta a igualdade entre os xéneros.
Todas estas liñas de traballo complementan as que cada titor organiza con tratamentos específicos en diferentes áreas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario