A relación entre a literatura e a música unha das máis antigas e fructíferas colaboracións que se producen entre distintas manifestacións artísticas.
Dende este blog, pretendemos dar a coñecer á comunidade educativa do CEIP San Xoán de Becerreá, este enriquecedor espazo artístico.
Igualmente, pretende imbuir no noso sentir á proximidade doutras culturas, o recpecto polas diferenzas, e abrir a nosa capacidade de escoita e visión a situacións novas, espertando a curiosidade por coñecer outras realidades visuais, sonoras e gustativas; implicando, ademáis do profesorado do centro ao servizo de comedor escolar.
Despois de recibir formación con Jose Andrés, a nosa compañeira en prácticas María García, animouse a organizar e levar á práctica unha sesión de Kamishibai cos alumnos de Infantil. A sesión tiña como obxecto practicar as praxias dentro dun obradoiro de estimulación da linguaxe que se vén desenvolvendo no cole desde inicio de curso.
O conto deseñado e escrito para a ocasión por María chamábase "Las aventuras de Jacinta... en el campo". Queredes velo? Aquí vos deixamos a sesión gravada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario