A relación entre a literatura e a música unha das máis antigas e fructíferas colaboracións que se producen entre distintas manifestacións artísticas.
Dende este blog, pretendemos dar a coñecer á comunidade educativa do CEIP San Xoán de Becerreá, este enriquecedor espazo artístico.
Igualmente, pretende imbuir no noso sentir á proximidade doutras culturas, o recpecto polas diferenzas, e abrir a nosa capacidade de escoita e visión a situacións novas, espertando a curiosidade por coñecer outras realidades visuais, sonoras e gustativas; implicando, ademáis do profesorado do centro ao servizo de comedor escolar.
O Día do Libro celébrase o 23 de abril. Está relacionado co día de San Xurxo, aínda que nada que ver co Santo. En realidade a celebración coincide con efemérides do mundo literario, en concreto con Cervantes e Shakespeare, como ben explican os nosos alumnos no vídeo que narra a historia de San Xurxo e o Dragón.
O noso cole non podía deixar de festexar tan importante data, por iso, os nenos de sexto anunciaron a sorpresa que se cocía para ese día.
Durante a mañá do día 22, todos os cursos puideron coñecer a historia de San Xurxo, que neste vídeo compartimos, tamén convosco.
Ao final das representacións, os actores regalaban marcapáxinas conmemorativos para todos os asistentes.
Outra das iniciativas do Día do Libro partíu da clase de cuarto, que, a partir dun mural, solicitou a colaboración de todos os compañeiros do centro, expresando, nel o que significa un libro ou deixando unha reseña do seu libro favorito. O mural colaborativo permanecerá á entrada da biblioteca ata pasados uns días, no que se colocará no seu interior, para disfrute de todos. Este é o vídeo que recolle esta fantástica idea.
Desde a biblioteca, contribuíuse a esta celebración cunha exposición temática sobre dragones.
Todo o cole está encherse de flores en preparación para un maio de cores e flores.... Serán as de San Xurxo? EntreLetras MaioLongo
O pasado día 30 os alumnos de quinto e sexto fixeron un magnífico roteiro pola vila de Guitiriz, un dos dous roteiros que o IES Poeta Díaz Castro, desa vila, realizan para o coñecemento e difusión do poeta do que toman o nome e que foi homenaxeado no Día das Letras Galegas durante o pasado 2014.
O roteiro Fábrica de Poetas fai un percorrido pola vila, naqueles espazos que son importantes na vida do escritor:
A saída é desde o Instituto, logo de facer un xogo de pistas que deriva nun agrupamento do alumnado convidado.
Despois, en grupos, os nenos coñecen a vila, facendo paradas en:
A Casa Habaneira, na que a Fábrica de Poetas convida a unha poxa para a lectura (no menor tempo posible) de poemas.
O Curro Vello, no que o xogo leva ao coñecemento de autores dun único libro.
A Viaxe do Heroe lévase a cabo na Estación do tren da vila. Penélope e Ulises forman, xa, parte do coñecemento dos nosos nenos, cunha representación da súa historia. Descubrimos Penélope,un dos poemas máis fermosos de Díaz Castro. Como imos motivados para a lectura, desde a Estación do Tren, marchamos pola vila coas consignas de "Máis Lectura e Menos Televisión", entre outras... Unha manifestación pola cultura!
O achegamento ao léxico tivo lugar na Casa das Palabras, de Guitiriz. Unha homenaxe a escritores da Terra Cha, onde Alfonso Blanco falou aos nenos de literatura e explicou a razón de ser da Casa das Palabras. Tamén alí puidemos ver obxectos persoais de autores como Díaz Castro e Manuel María. A sorpresa chegou cando descubrimos dúas pezas artísticas elaboradas polo Pai de Aarón, de sexto, que nos encheron de orgullo.
A Apócema Poética foi o momento de creación literaria e xogo máis intensos para o noso alumnado. Un pracer que serviu, tamén, para iniciar a volta a casa.
Nesa volta, os comentarios foron mostra do ben que o alumnado o pasara acompañando aos guías (tamén alumnos) pola súa proposta literaria.
Hoxe, xa máis pousados, fixemos a avaliación do día, mediante unha DIANA DE VALORACIÓN. Os nenos fixeron reflexión sobre catro aspectos concretos do acontecido: as aprendizaxes, o goce, os descubrimentos e o desexo de voltar. Con posterioridade, colocaron un gomet na diana, dando maior puntuación no círculo central, como no caso do xogo de dardos.
Tamén encontraron unha palabra para resumir a sensación do día, que tamén incluíron.
Para finalizar, enganchando co noso traballo cos emoticóns do Happyness Day, escolleron un ( entre dez), que reflectise a emoción coa que chegaron de volta a Becerreá.
Este é o resultado. E, polo magnífico que é, só podemos AGRADECER AOS ORGANIZADORES TERNOS CONVIDADO. MILLÓNS DE GRAZAS, AMIGOS! ENCANTADOS DE TERVOS COÑECIDO, QUEREMOS, AGORA, CONFIRMARVOS QUE DESEXAMOS VOLTAR A VERVOS E COÑECERVOS MELLOR!
A Asemblea Xeral de la ONU, el 12 de xullo de 2012 decretou o 20 de marzo Día Internacional da Felicidade, para recoñecer a relevancia da felicidade como aspiración universal dos seres humanos e aimportancia da súa inclusión nas políticas de goberno.
As Nacións Unidas convídanos a observar de axeitadamente o Día Internacional da Felicidade, por medios como actividades educativas e de concienciación.
Dende o Entre Letras queremos a fomentar este sentimiento nas nosas aulas, e estamos convencidos de que podemos contribuir a mellorar a felicidade das persoas que temos ao noso carón.
Unha das actividades deste novo #entreLetras precisa, unha vez mais, da vosa colaboración. Gustaríanos que nos fagades chegar un pequeno vídeo bailando un fragmento do tema "Happy" de Pharrell Williams, segundo as instruccións que vos entregaron os nenos. O alumnado de quinto e sexto de primaria, participantes no obradoiro "Cinema en curso", realizarán unha montaxe dos vosos fragmentos que queremos estrear o vindeiro 18 de marzo. Esperamos recibir os vosos vídeos no correo sextosanxoan@gmail.com
#happyday literario: recompilaremos libros sobre os temas que nos fan felices
#happyday musical: traballaremos cos temas musicais que nos transmiten felicidade
#happyday gastronómico: "barriga chea, corazón contento", e unha morea de refráns que nos recordan que á felicidade tamén se chega polo estómago. Os alimentos que nos producen felicidade serán...
#happyday artístico: coñeceremos obras de arte que transmiten a ledicia de vivir.
Axúdasnos a contaxiar entusiasmo e a transmitir felicidade?
Hoxe celébrase o Día de Rosalía, como homenaxe ao seu nacemento. O noso centro participou festexando con moitas actividades ao longo de toda a xornada.
A nosa Rosalía de Castro explicou por todas as clases que no día de hoxe queremos iniciar unha nova tradición: agasallar cun libro en galego e unha flor.
Por iso, hoxe, para todos os nenos de 3º a 6º, Geli, a nai de Ainara, explicounos moitas cousas sobre regalar flores, e sobre o negocio que existe para satisfacer esta demanda.
Durante o día, os nosos alumnos de 5º e 6º participaron na Campaña da Asociación de Escritores en Lingua Galega en Twitter, co hashtag #mobilizaRosalía.
Para finalizar o día, Os alumnos fixeron unha ofrenda a Rosalía de Castro, con versos escritos que se colocaron no noso mural, a cambio, recibiron da man da poetisa unha flor. O colofón foi a cargo dos nenos de Educación Infantil, que cantaron, para todos nós unha canción:
No comedor escolar, Toñi e Ana nos agasallaron cun fantástico cocido e, de sobremesa, filloas e buñuelos!
O director de cine Jorge Coira, recentemente galardonado cun Goya á mellor montaxe por "El Desconocido", quixo enviarnos unha mensaxe ao alumnado que traballamos en Cinema en Curso.
Moitas grazas Jorge! Intentaremos seguir traballando coa mesma ilusión que ti transmites nos teus traballos.
A música acompáñanos ao longo da nosa vida, e moitas melodías acaban por formar parte da nosa historia individual ou colectiva.
Son capaces de facernos revivir emocións, e hai quen considera que a música é a linguaxe do corazón.
Non podemos deixar pasar este #loveisintheair sen compartir as nosas cancións de amor preferidas. Axúdasnos a elaborar unha lista de reproducción na nosa canle de YouTube? Podes deixarnos o teu enlace no blogue de EntreLetras, na páxina de Facebook ou á entrada do colexio, nun lugar habilitado para este fin.
Febreiro é o mes do amor e o centro énchese co #loveisintheair. O programa desta liña de traballo inclúe as seguintes tarefas:
DECORACIÓN #loveisintheair.
Coa nosa namorada pendurada da lúa e entregando corazóns.... Unha visión romántica para acollernos, á entrada do cole. Mira o vídeo de preparación da nosa decoración alusiva.
CARTAS DE AMOR: comezamos a escribir cartas de amor para o concurso que se fallará o día 26 de febreiro. As cartas poden ser entregadas ata o día 19. As bases estarán en todas as aulas, para seren traballadas por todos os grupos, porén, ao concurso accedán só os voluntarios. Podes ver aquí o cartel de participación, coas bases.
CARTAS DA PAZ E DO AMOR: ENTREGA DE PREMIOS
LECTURAS DE AMOR: BiblioLío organiza unha exposición de libros de amor para ver na entrada e levar en préstamo.
CANCIÓNS DE AMOR: A música é un dos puntos clave do EntreLetras. Nesta ocasión, colocaremos o buzón para recoller as propostas de cancións de amor que desexedes. Con todas elas faremos listaxes de reprodución que nos amenizarán as entradas e saídas. A continuación podedes ver o Padlet sobre cancións de amor que o alumnado de 6º fixo no proxecto eTwinning.
FLORES PARA ROSALÍA. FLORES PARA REGALAR. Durante os días 17,18 e 19 levaremos a cabo obradoiros de elaboración de flores de papel. Estas flores acadarán especial importancia no día 24, Día de Rosalía de Castro. Ver aquí o desenvolvemento deste día.
Para aprender que hai detrás de regalar flores, Geli, a nai de Ainara, de sexto, virá darnos unha charla.
MENÚ PARA NAMORADOS. Sorpresa doce que nos agarda, das mans de Toñi e Ana....
KAMISHIBAI. Dentro da liña Un Kamishibai ao Mes de BiblioLío, unha historia en Kamshibai pechará a nosa liña de traballo. EDUCACIÓN RESPONSABLE - BDF 6º: Tamén hai lugar para esta liña de traballo desde Educación Responsable - Banco de Ferramentas para 6º. Podes acceder aquí á tarefa "Perdóname", desenvolvida para o Love is in the Air.
Acabamos de recibir a aprobación do proxecto europeo eTwinning "Coñecémonos cos outros", unha liña de traballo de dinamización das linguas con base nas matemáticas e a educación emocional.
Este proxecto está deseñado para o alumnado de 6º, aínda que terá actividades puntuais con outros grupos. Participaremos cun centro portugués, das Illas Azores, a EBI Francisco Ornêlas de Câmara, e outro catalán, o INS La Sénia, de Tarragona.
O EntreLetras do mes de xaneiro é "Carteámonos pola paz" porque finaliza o mes cunha conmemoración moi importante: O Día da Paz.
Pero... para cartearnos... precisamos coñecer cómo é que unha carta chega a un lugar. VISITA Á OFICINA DE CORREOS
Por iso, contando coa colaboración de María, nai de Cristina, visitamos a Oficina de Correos onde é xefa da Unidade de Distribución de Becerreá. Alí recibimos unha información fantástica de cómo se reciben e distribúen as cartas. Este é o vídeo da visita:
Jorge Álvarez, de 6º, elaborou este vídeo, que recolle o resumo do día, incluídas as visitas ao Guarnicioneiro e, tamén, á destilería Gota a Gota, onde aproveitamos para facer retratos.
VISITA DO CARTEIRO DA PAZ
SORPRESA!!! Acabamos de recibir dúas cartas. Os compañeiros do eTwinning, cos que compartimos actividades durante o Nadal, enviáronnos unhas cartas e presentes.
Chega o momento de escribir cartas. Todas as clases escribirán unha para algúns compañeiros de centros cos que compartimos algún proxecto.
O venres 21 vén o noso amigo, o Carteiro da Paz, que leva todas as nosas cartas cara o seu destino. Gustaríanos ver as caras dos nosos novos amigos ao abrir as cartas que lles escribimos. este vídeo recolle os mellores momentos do día.
Como cada ano, a chegada do Nadal inunda a escola de imaxes natalícias... Xa estamos a prepararnos!
Cada clase está a participar no Concurso de Postais da FAPACEL. Todos os nenos realizan a súa, que será enviada para o correo da Fedeación, co noso desexo de contribuír a esta celebración.
Igualmente, os nenos foron informados da Campaña de Recollida de Xoguetes que a ANPA realiza cada mes de decembro coa intención de que ningún neno quede sen agasallos este Nadal. A recollida de xoguetes levarase a cabo no Centro Social e na Oficina de Correos, ata o 1 de xaneiro.
Está na nosa vontade formar nenos solidarios, polo que un ano máis, estamos a realizar pequenos detalles que vender no día do Festival de Nadal, aberto ás familias. Estes fondos van formar parte dos recursos que financian as actividades complementarias, en colaboración coa ANPA. Non deixedes de ver o que estamos a facer para vós...
Moitas son sorpresas que nos esperan neste Nadal... Iremos informándovos... 1. Elaboración de detalles para o Mercado Solidario. Obradoiros en 1º, 2º e 4º. Colaboración con outros centros. Difusión eTwinning.
O 25 de novembro celébrase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. O noso cole sabe da importancia da coeducación e da nosa responsabilidade nas bases que conforman os comportamentos de respecto entre homes e mulleres e que forman parte da educación integral do noso alumnado.
Sabendo que isto non é algo que se cubra nun día, sempre aproveitamos, no ENDL, as efemérides para iniciar liñas de traballo que sexan permanentes e transversais. Por iso, a partir de hoxe comezamos traballos específicos para reflectir e concienciar. Algúns exemplos son:
CinemaEnCurso: Con este proxecto estamos aprendendo a analizar filmacións, para aprender a crealas, mellorando a nosa narración e expresión emocional. Nesta ocasión aproveitamos a traballar o seguinte vídeo, que compartimos con todos os alumnos de primaria na entrada do colexio. O publicitario chámase "Dalle unha bofetada", e foi rodado con nenos italianos contra a violencia de xénero.
Biblioteca Escolar: Como é habitual, organizamos unha exposición temática de libros para coñecer as semellanzas e difencias entre homes e mulleres sobre as que se sustenta a igualdade entre os xéneros.
Todas estas liñas de traballo complementan as que cada titor organiza con tratamentos específicos en diferentes áreas.
Cinema en curso é un programa de pedagoxía do cinema que persegue un doble obxectivo prioritario: achegar aos nenos e xoves o cinema como arte, creación e cultura, e explorar o potencial pedagóxico da creación cinematográfica.
Comenza en Cataluña en 2005 y se desenvolve en escolas e institutos con alumnos entre 3 y 18 años. Trátase dun proxecto internacional no que participan centros de Cataluña, Madrid, Arxentina e Chile,ademais de catro centros de Galicia: CEIP A Rúa(Cangas), IES Manuel Chamoso Lamas(O Carballiño), IES Manuel Murguía(Arteixo), e nós, o alumnado de 5º e 6º do CEIP San Xoán de Becerreá.
En Galicia o CGAI coordina Cine en Curso en colaboración co Plan Proxecta, iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. O modo de creación propio do cine, as aptitudes, actitudes e esixencias que require, fan del un aliado de primeira orde para traballar cuestións fundamentais para o desenvolvemento persoal do alumnado e para a sociedade en xeral.
A través da creación cinematográfica trabállanse a creatividade e a capacidade de innovar; a atención á realidade e a capacidade de apreciala; a autonomía e a capacidade de cooperar e traballar en equipo; a asunción de responsabilidades individuais e colectivas; a autoestima, a ilusión, o rigor, as expectativas sobre un mesmo e sobre o grupo do que se forma parte; o coñecemento, recoñecemento e respecto cara a realidades diversas; a reflexión sobre as propias emocións e as dos demais; a capacidade para argumentar, escoitar e dialogar.
Ademais, a metodoloxía de traballo de "Cine en curso" supón unha ocasión privilexiada para desenvolver un traballo fondo de expresión oral e escrita: o alumnado elabora textos descritivos, poéticos, instrumentais, narrativos; expresan ideas e emocións; argumentan, dialogan, reflexionan, valoran…
Deste xeito, impulsaremos a adquisición das competencias básicas dos nosos nenos, incorporando ao proxecto no que acabamos de iniciar, así como contidos de todas as asignaturas troncais e específicas do currículo.
A primeira sesión tivo lugar o 7 de novembro para o profesorado e o 9 para o alumnado, ambas na sede do CGAI en A Coruña, onde os nenos asistiron a unha proxección na que visionamos e comentamos os fragmentos das seguintes películas:
Daguerrotipos (Agnès Varda)
A colchoneira (Alain Cavalier)
Perfís campesiños: a vida moderna (Raymond Depardon)
Despois de recibir formación con Jose Andrés, a nosa compañeira en prácticas María García, animouse a organizar e levar á práctica unha sesión de Kamishibai cos alumnos de Infantil. A sesión tiña como obxecto practicar as praxias dentro dun obradoiro de estimulación da linguaxe que se vén desenvolvendo no cole desde inicio de curso.
O conto deseñado e escrito para a ocasión por María chamábase "Las aventuras de Jacinta... en el campo". Queredes velo? Aquí vos deixamos a sesión gravada.