A relación entre a literatura e a música unha das máis antigas e fructíferas colaboracións que se producen entre distintas manifestacións artísticas.
Dende este blog, pretendemos dar a coñecer á comunidade educativa do CEIP San Xoán de Becerreá, este enriquecedor espazo artístico.
Igualmente, pretende imbuir no noso sentir á proximidade doutras culturas, o recpecto polas diferenzas, e abrir a nosa capacidade de escoita e visión a situacións novas, espertando a curiosidade por coñecer outras realidades visuais, sonoras e gustativas; implicando, ademáis do profesorado do centro ao servizo de comedor escolar.

PáXinas

sábado, 22 de noviembre de 2014

Soños árabes

LITERATURA:

Comezaremos cunha Exposición de Libros, desde a Biblioteca Escolar, de temática árabe: contos, arte, civilizacións... Estará na entrada do colexio e os libros serán prestados o xoves 4, no lecer.

O día 26 contaremos coa colaboración de Aziza e Naima, nais de Fátima Z., Ayoub, Asmae, Fátima A. e Muna. Elas achegarán ao noso Entre Letras "Un Conto Árabe", en dúas sesións, ás 12.30 para os nenos máis pequenos (E.I., 1º e 2º) e ás 13:00 para os demais. A partir das 13:45 farán unha demostración de decoración nas mans con henna, para todas as nenas que o desexen, á vez que nos explicarán o significado desta importante tradición.

A partir dese día, os alumnos de 2º, 5º e 6º elaborarán diferentes versións plásticas e literarias do conto, que se exporán no recuncho do Entre Letras, para todo o alumnado.

MÚSICA:

Nas clases de música, procuraremos unha achega á música árabe. En especial, atenderemos as suxestións de Aziza e Naima, pero tamén escoitaremos a Ara Malikianconsiderado un dos mellores violinistas actuais, de orixe armenio, hai un par de meses estivo de xira en Lugo, e deixounos marabillados co seu quefacer.


Podes ver aquí a Ara Malikian explicando e interpretando El Otoño, de "Las Cuatro Estaciones" de Vivaldi para nenos:




ARTE:

O Comedor Escolar recollerá, durante estes días, imaxes de Arquitectura árabe, unha ventá aberta ao mundo.

GASTRONOMÍA:

Na semana seguinte, teremos a ocasión de degustar un menú árabe no Comedor Escolar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario