Non hai horario concreto para contestar, pódese facer con compañeiros (pero cada quen porá as súas respostas), pódese preguntar ás familias para que recorden tamén tempos pasados, e de paso que nos boten unha man; facilita o debate porque as veces as cousas non son o que parecen...por suposto que vai a contribuir ás relacións sociáis, ademáis entrenaremos a nosa mente para sentirmonos capaces de solucionar calquera desfío co que nos enfrontemos... ¿Podemos pedir máis?
Ten algunhas VANTAXES: serve para subir nota e ademáis hai un premio ao que o faga mellor (un xogo de material para xeometría).
No noso tablón na entrada do centro están expostas as diversas cuestións, tamén no ENTRE LETRAS, quédanos ata o 25 de maio, ¡Moita sorte a todos!