A relación entre a literatura e a música unha das máis antigas e fructíferas colaboracións que se producen entre distintas manifestacións artísticas.
Dende este blog, pretendemos dar a coñecer á comunidade educativa do CEIP San Xoán de Becerreá, este enriquecedor espazo artístico.
Igualmente, pretende imbuir no noso sentir á proximidade doutras culturas, o recpecto polas diferenzas, e abrir a nosa capacidade de escoita e visión a situacións novas, espertando a curiosidade por coñecer outras realidades visuais, sonoras e gustativas; implicando, ademáis do profesorado do centro ao servizo de comedor escolar.

PáXinas

miércoles, 22 de abril de 2015

UNHA DE INDIOS!

Si, os indios comezaron o seu asentamento no CEIP San Xoán de Becerreá... Teñen un fermoso campamento na nosa entrada... É un campamento moi especial para nós pois ten recollidas as nosas emocións en forma de tecidos...





Todo comezou o trimestre pasado, no desenvolvemento de ReflejArte, de Educación Responsable. Recollimos teas, coa colaboración das familias, que tivesen que ver coas nosas emocións, con elas quixemos facer un produto social, compartido e creativo. Algo no que escondernos para pensar, para ler, para sentir... E... con retais... fixemos un tipi indio. Mira a súa historia:




O obxectivo fundamental do Entre Letras é que aprendamos. Ao longo destas semanas moitas actividades estarán organizadas en torno á Cultura Amerindia. Podes ir aprendendo sobre ela resolvendo esta WebQuest.


Unha de Indios Literaria:

  • "O corvo rouba a luz", lenda dos Indios Haida: Adaptación dun guión para un vídeo coa técnica Stop Motion.
  • Discurso do Gran Xefe Indio Seattle (1885) ao Home Branco.
  • Estes vídeos formarán parte da nosa celebración do Día Internacional da Nai Terra (24/05/2015).
  • Exposición de Libros de Lectura sobre Amerindios.






Unha de Indios Artística:


  • Concurso de deseño de traxes de amerindios. Estas son as bases:




  • Aprenderemos a facer Atrapa Soños indios e elaboraremos co alumnado varios para o Mercado Solidario do Concerto e Exposición de Educación Responsable: Tecendo e Cantando Emocións.

Unha de Indios Musical:





Durante todo o Entre Letras, o alumnado analizará músicas e cancións relativas. Para alén diso, na entrada/saída e leceres, escoitaremos músicas amerindias.










Unha de Indios Gastronómica:



O noso comedor escolar celebrará o Menú Indio o xoves 14 de maio.




Tamén celebraremos o Día Internacional de Internet xunto co Día Internacional dos Museos, visitando virtualmente Museos Indios.


No hay comentarios:

Publicar un comentario