A relación entre a literatura e a música unha das máis antigas e fructíferas colaboracións que se producen entre distintas manifestacións artísticas.
Dende este blog, pretendemos dar a coñecer á comunidade educativa do CEIP San Xoán de Becerreá, este enriquecedor espazo artístico.
Igualmente, pretende imbuir no noso sentir á proximidade doutras culturas, o recpecto polas diferenzas, e abrir a nosa capacidade de escoita e visión a situacións novas, espertando a curiosidade por coñecer outras realidades visuais, sonoras e gustativas; implicando, ademáis do profesorado do centro ao servizo de comedor escolar.

martes, 28 de abril de 2015

entreLETRAS y el año de la LUZ: PACO e PEPE




entreletras disfrutou no día de onte dunha xornada moi especial


Recibimos unha visita por partida doble: en primeiro lugar tivemos a inmensa sorte de ter entre nós a Francisco Narla

Falounos sobre a importancia do respecto aso dereitos de autor e a arte de escribir historias.  Francisco é autor de novelas de recoñecido prestixio, como Assur ou Ronin  que chegaron a ser Best Seller mundial ou a relanzada, en breve, Caja Negra. En un futuro próximo presentará a súa nova obra Donde aúllan las colinas. Con el iniciaremos, en BiblioLío a nosa sección de literatura para adultos, pensada para as familias. 



Pedimos Paco a súa colaboración para o noso próximo obradoiro de escrita creativa, que terá lugar no mes de maio. Deixounos uns "storycubes": son uns dados para xerar historias con texto. En cada dado un campo semántico, polo que se poden xerar infinidade de combinacións posibles que actuan como nexos e detonantes das historias. Xa iremos dando conta das historias que deles xurdan.


Os dados de Paco

Tamén 



Non o deixamos marchar sen que nos asinara os exemplares con que nos agasallou e nos deixara constancia do seu paso pola nosa escola no libro de visitas.




En segundo lugar, e aproveitando que o 2015 é o Ano Internacional da Luz, o alumnado experimentou coas leis físicas da luz nunha sesión formativa e lúdica a cargo de José Manuel Vázquez: a composición e descomposición da luz, a existencia da luz negra e dos ultravioletas e infrarroxos e como a auga atrapa un láser verde foron algunhas das sorpresas que Pepe nos tiña preparadas.

Fixemos uns experimentos espectaculares, e deixounos con ganas de máis..


 




Fixemos uns experimentos espectaculares, e deixounos con ganas de máis. Estamos desexando que haxa unha segunda parte! Deixounos un puntero laser moi potente e un prisma para quie poidamos seguir xogando coa ciencia. 







Tamén nos deixou un libro para libroslibresMoitas gracias Pepe!





Podes acceder a toda a información nestes enlaces do Plan Proxecta: 
Francisco Narla e os Dereitos de Autor
José Vázquez e os Experimentos coa Luz










E como o entreletras tamén integra o servizo de comedor escolar, non deixamos pasar a oportunidade de intercambiar impresións na cociña do cole. Ao fin, a cociña é unha das paixóns dos nosos convidados de hoxe. Pero este, será motivo de outros encontros...


Moitísimas grazas!!



Podes acceder a toda a información nestes enlaces do Plan Proxecta: 
Francisco Narla e os Dereitos de Autor
José Vázquez e os Experimentos coa Luz

No hay comentarios:

Publicar un comentario