A relación entre a literatura e a música unha das máis antigas e fructíferas colaboracións que se producen entre distintas manifestacións artísticas.
Dende este blog, pretendemos dar a coñecer á comunidade educativa do CEIP San Xoán de Becerreá, este enriquecedor espazo artístico.
Igualmente, pretende imbuir no noso sentir á proximidade doutras culturas, o recpecto polas diferenzas, e abrir a nosa capacidade de escoita e visión a situacións novas, espertando a curiosidade por coñecer outras realidades visuais, sonoras e gustativas; implicando, ademáis do profesorado do centro ao servizo de comedor escolar.

PáXinas

miércoles, 29 de abril de 2015

Math HAPPY HOUR!






O alumnado de 5º e 6º de primaria, levan uns cantos días cun proxecto ben entretido...lóxica, inxenio, enigmas... todas son adiviñas de carácter matemático para mellorar a nosa comprensión lectora ao mesmo tempo que agudizamos o noso inxenio e disfrutamos descubrindo enigmas do máis sinxelo en canto temos a comprensión dos textos.


Non hai horario concreto para contestar, pódese facer con compañeiros (pero cada quen porá as súas respostas), pódese preguntar ás familias para que recorden tamén tempos pasados, e de paso que nos boten unha man; facilita o debate porque as veces as cousas non son o que parecen...por suposto que vai a contribuir ás relacións sociáis, ademáis entrenaremos a nosa mente para sentirmonos capaces de solucionar calquera desfío co que nos enfrontemos... ¿Podemos pedir máis?


Ten algunhas VANTAXES: serve para subir nota e ademáis hai un premio ao que o faga mellor (un xogo de material para xeometría).



No noso tablón na entrada do centro están expostas as diversas cuestións, tamén no ENTRE LETRAS, quédanos ata o 25 de maio, ¡Moita sorte a todos!



No hay comentarios:

Publicar un comentario