A relación entre a literatura e a música unha das máis antigas e fructíferas colaboracións que se producen entre distintas manifestacións artísticas.
Dende este blog, pretendemos dar a coñecer á comunidade educativa do CEIP San Xoán de Becerreá, este enriquecedor espazo artístico.
Igualmente, pretende imbuir no noso sentir á proximidade doutras culturas, o recpecto polas diferenzas, e abrir a nosa capacidade de escoita e visión a situacións novas, espertando a curiosidade por coñecer outras realidades visuais, sonoras e gustativas; implicando, ademáis do profesorado do centro ao servizo de comedor escolar.

PáXinas

lunes, 23 de febrero de 2015

Amor Meniño e Batital










N-unha pupila azuada
Vin tremer a Amor-meniño:
era sobr’ a frol d’ o liño
Unha bágua d’ a Rosada,

Coma un amante a unha amada,
Amor etérmo -¡quimeira!-
Xurou â frol d’ a liñeira
A lágrima d’ a orvallada.

Mais… d’ a Aurora ô crarexar,
Eis qu’ o Fado separar
Quixo o que Diós axuntara:

A frol d’ o liño esfollouse…
E a lagrimiña tornouse
Aos ceios, donde morara…


Iglesia Alvariño, Aquilino (1986), Señardá en Poesía Galega Completa (Vigo: Edicións Xerais de Galicia)







Batital é un grupo amateur nacido en Lugo no ano 2007. Se cadra, as verbas que mellor definen o traballo de Batital son "Sons do Mundo", xa que compoñen e versionan cancións de diferentes estilos musicais como a samba, o swing, a bossa-nova, o blues, a muiñeira, a zamba, o tango, a rumba... e tantos outros, sempre co nexo de galeguidade a través das letras dos temas.




Batital conta cunha ampla experiencia, como podedes ver se consultades o seu blog

Presentou o tema "Ven a mi" para o Festival de Eurovisión en 2009, situándose entre os primeiros 50 clasificados. Este mesmo ano, grava o seu primeiro disco: "Descubrindo", un CD con 8 temas, seis de composición propia entre os que está o "Amor Meniño", protagonista deste Entre Letras do mes de febreiro:







Os membros de Batital seguen recabando premios polo seu traballo, e traballando a prol da promoción da cultura galega e luguesa, destacando a gravación dun videoclip promocional da cidade de Lugo: I'm from Lugo ( e que xa nos prestaron para outro proxecto do noso colexio)

 i'm from Lugo - Batital










E nós, estando a traballar o amor...... fixémoslles unhas preguntas aos membros do grupo, para entender un pouco mellor o  traballo que supón escoller un poema, ponerlle música... 

Queres saber o que nos contaron?










1. Por qué escollestes o poema Amor Meniño?



2. Qué transmite este poema para vós?


3. É moi complicado musicar un poema?



4. Cómo foi o proceso de composición?





5. Tedes musicado algún outro poema doutros autores, galegos ou non?




Moitas grazas, Batital! Xa sabedes que nos encantan as vosas músicas. Ata sempre!

No hay comentarios:

Publicar un comentario