A relación entre a literatura e a música unha das máis antigas e fructíferas colaboracións que se producen entre distintas manifestacións artísticas.
Dende este blog, pretendemos dar a coñecer á comunidade educativa do CEIP San Xoán de Becerreá, este enriquecedor espazo artístico.
Igualmente, pretende imbuir no noso sentir á proximidade doutras culturas, o recpecto polas diferenzas, e abrir a nosa capacidade de escoita e visión a situacións novas, espertando a curiosidade por coñecer outras realidades visuais, sonoras e gustativas; implicando, ademáis do profesorado do centro ao servizo de comedor escolar.

PáXinas

domingo, 14 de febrero de 2016

Love is in the air

A música acompáñanos ao longo da nosa vida, e moitas melodías acaban por formar parte da nosa historia individual ou  colectiva. 
Son capaces de facernos revivir emocións, e hai quen  considera que a música é a linguaxe do corazón. 

Non podemos deixar pasar este #loveisintheair sen compartir as nosas cancións de amor preferidas. Axúdasnos a elaborar unha lista de reproducción na nosa canle de YouTube? Podes deixarnos o teu enlace no blogue de EntreLetras, na páxina  de  Facebook ou á entrada do colexio, nun lugar habilitado para este fin. 

Empezamos nós coa banda sonora deste EntreLetras😍



1 comentario:

  1. Ola, amigas e amigis de Entre Letras!

    Ao pensar nunha canción de amor, a primeira que me veu á mente foi esta versión de Xoel López dun poema marabilloso de Álvaro Cunqueiro. O amor é un sentimento inmenso, universal e por iso tamén inalcanzábel. Amor ás persoas que nos rodean e aman, aos obxectos que nos falan de emocións compartidas, á natureza que nos alimenta e protexe, aos soños que tentamos ver cumpridos, á arte que retrata ou traspasa a realidade dos nosos ollos, ás sensacións que percibimos polos sentidos, á vida que nos presenta sempre novos retos para superar ...
    O amor está sempre presente na historia da humanidade e agora tócanos promovelo e gozalo. E, como di, o poema-canción que comparto convosco, "Quen puidera namorala!"

    Saúdos con amor desde as ondas!
    https://www.youtube.com/watch?v=ScXcoTGbkik

    ResponderEliminar